Os seres humanos explotamos a Terra. Utilizamos os seus recursos para construir, movernos, alimentarnos…
O incremento da población produxo unha gran demanda de alimentos, que resolveuse coa destrucción masiva de bosques para destinalos ao cultivo. Sen embargo actualmente no mundo pasan fame 800 millóns de persoas ,ou sexa, unha de cada oito.
Na metade do século XX pescábanse unhas vinte millóns de toneladas de peixe ao ano. En 1989 alcanzouse o máximo de capturas, 100 millóns de toneladas. Desde aquela, as capturas disminuiron porque as poblacións de peixes non poden reproducirse a un ritmo suficiente para compensar as capturas.
Dous de cada tres árbores desapareceron desde que o Homo sapiens converteuse en agricultor. O espazo que ocupaban os bosques converteuse en cidades,terras de cultivo, vias de comunicación…,o que provoca a desertización. Ao parecer a desertización e deforestación son imparables, nos últimos bosques virxes, as selvas ecuatoriais, donde ser perden 16 km cadrados de bosque cada hora. A alternativa sería explotar racionalmente bosques destinados á producción de madeira, isto chámase silvicultura.
25 países experimentaron unha taxa anual de deforestación superior ao 1% na década de 1990, taxa situada por riba do 3% noutros sete Estados. A nível global, segundo a FAO, a taxa anual de deforestación entre 2000 e 2005 foi de 7,3 millóns de hectáreas, sendo de 8’9 millóns entre 1990 e 2000. A deforestación altera o equilibrio ecolóxico, dana a biodiversidade, afecta a pobos indíxenas e aumenta a pobreza, agudizando a presión sobre o contorno, o que pode xerar diferentes formas de inestabilidade social.
O control de recursos naturais tamén é causa de conflictos en todo o mundo, algúns deles armados. Según o informe Alerta! 2006 da Escola de Cultura de Pau, a fin de 2005 había no mundo 21 guerras.
Destes 21 conflictos armados, 6 están directamente relacionados coa luita por recursos naturais
A conflictos armados e tensións hai que engadir as crises humanitarias xeradas por pragas, secas,
inundacións e outros desastres “naturais” con graves consecuencias e que, como as guerras, provocan desprazamentos masivos de persoas dentro e entre países.
Nunha visita a Galicia de Carlos A. Fernández-Jaúregui, da división de Ciencia da UNESCO e responsable do primeiro Informe Mundial da Auga, reflexionamos sobre a auga, tamén un recurso escaso, como fonte de conflicto. Un de cada tres habitantes do planeta non dispón de toda a auga que necesita, o mínimo se estima entre 20 e 50 litros por día. Dentro de vinte anos serán dous de cada tres habitantes.
¿Qué facer contra o cambio climático global?
-En enerxía. Sustituir centrais térmicas de carbón por outras que quemen gas, moito menos contaminante, e apostar polas enerxías alternativas como por exemplo a enerxía eólica ou solar.
-En transporte. Utlilizar mais transportes públicos e fabricar novos motores mais eficientes e que usen gasoleo mais limpo.
-En industria. Tecnoloxías alternativas na producción de aceiro, cemento e papel, tres materiais na que a sua producción é responsable de parte do quentamento global.
-En agricultura. Mellorar a xestión das colleitas e da gandería, responsable esta última da emisión masiva de metano.
-En silvicultura. Cambiar a deforestación por reforestación.
O desenvolvemento sostible é aquel que satisface as necesidades das xeracións presentes sen poñer en perigro a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades, e na miña opinión nós non estamos facendo iso. Explotamos os recursos renovables a un ritmo maior que o de reposición, e arroxamos ao medio ambiente residuos que este non pode absorber.
♦♦♦
Aquí vos deixamos tamén un link dunha presentación de fotos que mostran o efecto do cambio climático en diversos países: http://www.flickr.com/photos/32055726@N05/show/


