
Adrián: Eu creo que o dano xa está feito e non o podemos remediar, pero temos que impedir que o problema siga aumentado. A solución está nas nosas mans e parece que non queremos facer nada para frear o efecto invernadoiro e manter unha certa sostibilidade.
Manuel: Penso que sí estamos a tempo, porque se nos paramos a pensar, isto pódese evitar. So temos que poñer todos un chisco da nosa parte e así as cousas irán mellorando pouco a pouco. A solución está nas nosas mans.
Patri: Na miña opinión non é posible reparar os danos causados ó planeta, pero si podemos axudar a frear a enorme explotación dos recursos e lograr o equilibrio entre o desenvolvemento e a saúde da Terra. O cambio debe comezar a nivel persoal para logo evolucionar a un cambio global.
Alba: Estamos a tempo para frear a destrucción do planeta. Aínda non é demasiado tarde. As consecuencias dos danos causados non a podemos borrar, pero si frealas e permitir que a Terra sexa un lugar habitable. Para iso necesitamos estar unidos, porque so xuntos ¡podemos!
Saray: Eu penso que non porque a contaminación xa está moi avanzada e tal e como estamos agora sería imposible deixar de contaminar de un día para outro. Ademais, cando se conseguira xa sería demasiado tarde. Moitas das catástrofes naturais que suceden actualmente son por causa do cambio climático que ocasionou, e segue ocasionando, a contaminación. Iso xa non ten volta de folla.