Comezaremos o traballo plantexándonos un par de cuestións:
- ¿Que é a enerxía? A definición máis coñecida di que a enerxía é a habilidade para facer un traballo.
- ¿De onde provén a enerxía? A principal fonte de enerxía é o Sol.
O Sol é unha estrela cercana á Terra, é unha central enerxética no corazón do Sistema Solar, un reactor nuclear que quenta e ilumina o noso mundo e do que dependemos enteiramente.
Para os nosos devanceiros o Sol era un deus; hoxe a ciencia
ensinounos a velo de forma diferente. Sabemos que a luz do Sol proporciona alimento ós árbores e as plantas, que a súa vez nos suministran comida e osíxeno. Con isto compróbase a primeira ley da termodinámica: a enerxía nin se crea nin se destrúe, só se transforma.
Situados a 150 millóns de km do Sol, atopámonos á mellor distancia para que florezca a vida. Foi a luz solar a que proporcionou alimento ós primeiros organismos, o que fixo que a súa vez éstes transformasen o CO2 en osíxeno e a Terra comezase así a converterse nun planeta habitable, fai só uns 500 millóns de anos.
O home buscou dende tempos inmemoriais como transformar a enerxía. Cando as súas primeiras pegadas na Terra eran aínda moi recentes,
o home servíase para sobrevivir da súa propia forza física a cal obtiña a súa vez dos alimentos.
O lume é a transformación da enerxía chamada biomasa (provinte das plantas) en calor. O descubrimento do lume e a capacidade de controlalo foron acontecementos esenciais na historia humana, pois conseguíamos elevarnos por riba das bestas e obtiñamos unha serie de vantaxes tales como: poder quentarnos, cociñar os alimentos, espantar ós animais salvaxes e facer mellores armas.
Logo, coa domesticación dos animais, o ser humano conseguía facilitar máis o seu traballo empregando animais de carga.
Posteriormente, o ser humano
descubriría a enerxía cinética xerada polo movemento. Aproveitaría a forza da propia naturaza para conseguir mover muíños que empregasen a enerxía hidráulica e a enerxía eólica para traballos como o de moer gran.
O home empregaría exclusivamente as fontes de enerxía renovable ata o S.XVII d.C., momento no que levaríase a cabo a primeira explotación de carbón polo seu elevado poder calorífico e a súa utilidade para fabricar mellores metais. O carbón convírtese na fonte de enerxía por excelencia durante a Revolución Industrial e será empregado no funcionamento das máquiñas de vapor do S.XVIII.
No ano 1878, Thomas Alva Edison comezaría cos experimentos que rematarían, un ano mais tarde,
coa invención da lámpada eléctrica que universalizaría o uso da enerxía eléctrica. En 1880 entraría en funcionamento en Londres a primeira central eléctrica destinada a iluminar a cidade. Dende entón as aplicacións desta forma de enerxía extenderanse progresivamente.
A pesares da importancia do carbón, a aparición de novas fontes de enerxías non renovables tales como o petróleo, que se empregaría
para facer funcionar os novos motores Otto e Diesel para automoveis; e o gas natural, o relegarían a un segundo plano durante a II Guerra Mundial. Cabe destacar que neste período, mais
aproximadamente na década dos 30, varios científicos comezarían a súa investigación sobre as enerxías de fisión e fusión nuclear nas que Albert Einstein xogaría un papel primordial. (E= m.c2 )
~
Nagasaki~ Un día negro, o 4 de xullo de 1934, o físico húngaro chamado Leo Szilard patentaría o seu novo invento: a
bomba atómica. Esta terrible arma provocaría uns dos feitos mais catastróficos e barbáricos da historia da humanidade, a explosión nuclear en Hiroshima o día 6 de agosto de 1945 e o bombardeo atómico a Nagasaki o día 9 de agosto dese mesmo ano, lanzados pola aviación estadounidense, que remataría coa morte no acto de 120.000 e 140.000 persoas respectivamente.
A física seguiría o seu vertixinoso avance durante finais do S.XIX e principios do S.XX da man de mentes tan privilexiadas como poden ser os físicos e químicos franceses Pierre e Mari Curie, o británico Rutherford ou o danés Niels Bohr.
Ata os anos 70, a maior parte da producción industrial estaría sostida polos hidrocarburos, pero agora, na actualidade, posuimos novos tipos de enerxía tales como: enerxía solar fotovoltaica, enerxía xeotérmica e enerxía maremotriz. Todas elas enerxías limpas destinadas a producir electricidade e cun efecto mínimo no medio ambiente. Sen embargo, o seu uso segue sen superar o do petróleo e o gas natural nos paises máis desarrollados. A razón disto é simple, as enerxías contaminantes son mais baratas e accesibles. A parte, o petróleo transfórmase en combustible que move actualmente millóns de vehículos no mundo, ademáis da súa importancia na fabricación de plásticos.
Por outro lado, é sabido que o carbón, o petróleo e o gas natural son enerxías non renovables, e que nun certo período de tempo rematarán por esgotarse. Pero, ata entón, ¿quen sabe que clase de cambios extremos sufrirá o noso planeta debido as incesantes emisión de CO2 á atmosfera? A responsabilidade de preservar a vida sobre a Terra comprométenos a todos, cada un de nos podemos contribuir. O aforro da enerxía hoxe pode contribuir a evitar que nun futuro non moi lonxano o planeta convírtase nun lugar completamente inhóspito e sen vida. Sabemos onde estamos, ¿pero sabemos onde imos?
Empreguemos enerxía renovable.


