- A Revolución Industrial e o Cambio Climático

10 11 2008

  •  Introducción

O noso planeta constitúe un conxunto medioambiental equilibrado no que todos os elementos interaccionan entre si, inclusive o home. Sen embargo, a actividade humana, tendente a lograr unha maior comodidade e desenvolvemento para a nosa especie, produciu, como efecto secundario indesexado un proceso de degradación medioambiental mais ou menos acusado segundo as áreas a ter en conta.

É o noso deber loitar contra ese cambio acelerado e conseguir ese desenvolvemento sostible entre o progreso humano e a conservación dos ecosistemas. Hai que ser consciente de que non hai mais que un planeta Terra, agora que estamos a tempo, posto que logo non será posible dar marcha atrás.

Aquí falaremos da importancia da enerxía na historia, do uso e consumo dos recursos enerxéticos, da revolución industrial, das consecuencias medioambientais, da sostibilidade, cambio climático…

Finalmente só nos resta destacar que o noso traballo é tamén unha labor de concienciación para con nos mesmos e con calqueira que lea estas palabras.

 

Vos deixamos coa lectura.

 

 AutoresAdrián, Alba, Manuel, Saray e Patri. 


Acciones

Información

Deja un comentario