¿Estamos a tempo?

12 11 2008

Mise en page 1

Adrián: Eu creo que o dano xa está feito e non o podemos remediar, pero temos que impedir que o problema siga aumentado. A solución está nas nosas mans e parece que non queremos facer nada para frear o efecto invernadoiro e manter unha certa sostibilidade.

Manuel: Penso que sí estamos a tempo, porque se nos paramos a pensar, isto pódese evitar. So temos que poñer todos un chisco da nosa parte e así as cousas irán mellorando pouco a pouco. A solución está nas nosas mans.

Patri: Na miña opinión non é posible reparar os danos causados ó planeta, pero si podemos axudar a frear a enorme explotación dos recursos e lograr o equilibrio entre o desenvolvemento e a saúde da Terra. O cambio debe comezar a nivel persoal para logo evolucionar a un cambio global.

Alba: Estamos a tempo para frear a destrucción do planeta. Aínda non é demasiado tarde. As consecuencias dos danos causados non a podemos borrar, pero si frealas e permitir que a Terra sexa un lugar habitable. Para iso necesitamos estar unidos, porque so xuntos ¡podemos!

Saray: Eu penso que non porque a contaminación xa está moi avanzada e tal e como estamos agora sería imposible deixar de contaminar de un día para outro. Ademais, cando se conseguira xa sería demasiado tarde. Moitas das catástrofes naturais que suceden actualmente son por causa do cambio climático que ocasionou, e segue ocasionando, a contaminación. Iso xa non ten volta de folla.





– Abre os ollos

12 11 2008

Aquí vos deixamos a nosa presentación. Esperamos que vos guste.

power-point-historia





– Entrevista

12 11 2008

I) presentacion1

Experiencia:

 

Entrevistei a unha señora de 84 anos chamada Rosa. Sorprendeume moito que ela se lembrara mellor das cousas que lle pasaran  cando ela era unha rapaza. Para non saber ler nin escribir expresábase con bastante claridade,contesteou correctamente o que lle preguntei sen salirse do tema ainda que cando estabamos fora de grabación ela soltábase mais a falar .Deste xeito dinme de  conta que naquela época a vida era moi dura e que agora temos moitas facilidades.

 

 

 





3. O control dos recursos naturais e a sostibilidade do sistema

12 11 2008

117725611187-tierra-tn

Os seres humanos explotamos a Terra. Utilizamos os seus recursos para construir, movernos, alimentarnos…

O incremento da población produxo unha gran demanda de alimentos, que resolveuse coa destrucción masiva de bosques para destinalos ao cultivo. Sen embargo actualmente no mundo pasan fame 800 millóns de persoas ,ou sexa, unha de cada oito.pesca_industrial_02

Na metade do século XX pescábanse unhas vinte millóns de toneladas de peixe ao ano. En 1989 alcanzouse o máximo de capturas, 100 millóns de toneladas. Desde aquela, as capturas disminuiron porque as poblacións de peixes non poden reproducirse a un ritmo suficiente para compensar as capturas.

Dous de cada tres árbores desapareceron desde que o Homo sapiens converteuse en agricultor. O espazo que ocupaban os bosques converteuse en cidades,terras de cultivo, vias de comunicación…,o que provoca a desertización. Ao parecer a desertización e deforestación son imparables, nos últimos bosques virxes, as selvas ecuatoriais, donde ser perden 16 km cadrados de bosque cada hora. A alternativa sería explotar racionalmente bosques destinados á producción de madeira, isto chámase silvicultura.

deforestacion_de_la_amazonia_fullblock25 países experimentaron unha taxa anual de deforestación superior ao 1% na década de 1990, taxa situada por riba do 3% noutros sete Estados. A nível global, segundo a FAO, a taxa anual de deforestación entre 2000 e 2005 foi de 7,3 millóns de hectáreas, sendo de 8’9 millóns entre 1990 e 2000. A deforestación altera o equilibrio ecolóxico, dana a biodiversidade, afecta a pobos indíxenas e aumenta a pobreza, agudizando a presión sobre o contorno, o que pode xerar diferentes formas de inestabilidade social.

O control de recursos naturais tamén  é causa de conflictos en todo o mundo, algúns deles armados. Según o informe Alerta! 2006 da Escola de Cultura de Pau, a fin de 2005 había no mundo 21 guerras.

Destes 21 conflictos armados, 6 están directamente relacionados coa luita por recursos naturais

A conflictos armados e tensións hai que engadir as crises humanitarias xeradas por pragas, secas, 5811_326x397_326x397_114x2inundacións e outros desastres “naturais” con graves consecuencias e que, como as guerras, provocan desprazamentos masivos de persoas dentro e entre países.

Nunha visita a Galicia de Carlos A. Fernández-Jaúregui, da división de Ciencia da UNESCO e responsable do primeiro Informe Mundial da Auga, reflexionamos sobre a auga, tamén un recurso escaso, como fonte de conflicto. Un de cada tres habitantes do planeta non dispón de toda a auga que necesita, o mínimo se estima entre 20 e 50 litros por día. Dentro de vinte anos serán dous de cada tres habitantes.

¿Qué facer contra o cambio climático global?

kyhk

-En enerxía. Sustituir centrais térmicas de carbón por outras que quemen gas, moito menos contaminante, e apostar polas enerxías alternativas como por exemplo a enerxía eólica ou solar.

-En transporte. Utlilizar mais transportes públicos e fabricar novos motores mais eficientes e que usen gasoleo mais limpo.

-En industria. Tecnoloxías alternativas na producción de aceiro, cemento e papel, tres materiais na que a sua producción é responsable de parte do quentamento global.

-En agricultura. Mellorar a xestión das colleitas e da gandería, responsable esta última da emisión masiva de metano.

-En silvicultura. Cambiar a deforestación por reforestación.

 O desenvolvemento sostible é aquel que satisface as necesidades das xeracións presentes sen poñer en perigro a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades, e na miña opinión nós non estamos facendo iso. Explotamos os recursos renovables a un ritmo maior que o de reposición, e arroxamos ao medio ambiente residuos que este non pode absorber.

Aquí vos deixamos tamén un link dunha presentación de fotos que mostran o efecto do cambio climático en diversos países: http://www.flickr.com/photos/32055726@N05/show/

 

graf





Non o dudes, actúa

11 11 2008

As guerras son tamén causa do resentimento medioambiental.

Xente inocente paga as consecuencias.

¿Vas a permitilo?

 





Conciénciate: a Terra pide axuda

11 11 2008

ist2_5471991-environment-greener-world





2. A Revolución Industrial

11 11 2008

 

 – ¿Que é a Revolución Industrial?

 

  A Revolución Industrial  é un cambio que se experimenta primeiramente en Inglaterra e A Question que se extendeu cara a Europa Continental no siglo XVIII.   Caracterízase polo paso dunha economía baseada no traballo manual a unha economía industrial e manufacturada. 

 

 

 

 2.1Cambios polo uso e consumo das novas enerxías.

 

segunda-revolucion-industrial1

 

Os principais cambios desta Revolución clasifícanse en: tecnolóxicas, socioeconómicascultarais e ambientais.

revind_21

·     Cambios tecnolóxicos: utilización de novos materiais, como o aceiro ou o ferro, e de novas fontes de enerxía como o carbón. Tamén surxen moitos inventos importantes como a máquina de vapor (que revolucionará os transportes) e novas máquinas textís que favorecerán o incremento da producción cun menor consumo de enexía humana.

 

·     Cambios socioeconómicos: desarrollo do capitalismo e aparición de grandes empresas; así como obreros_fabricatamén nacemento do proletariado e da Cuestión Social, pois  ainda que o proceso de industrialización contribuíu notablemente  á posición dos obreiros, empezaron a surxir novas protestas (asociacións obreiras) que  pretendían mellorar as súas condicións de traballo (en casos de enfermidade, accidente laboral…). Pouco a pouco as asociacións foron crecendo, ata chegado o punto de que  convocáronse protestas, folgas…Todo isto sería o que faría que os sindicatos actuaran e finalmente decidiran mellorar as condicións laborais dos traballadores. 

feministas-e-sufragetes1

·     Cambios culturais: aceleración do movemento feminista que había feito a súa aparición coa Revolución Francesa. O «sono do matrimonio» rexistraba un certo retroceso para moitas mulleres, non só como proxecto de vida senón tamén coma opción económica. Así, a principios do S. XX o 70.8% das mulleres solteiras, entre 20 e 45, tiñan un traballo remunerado.

 

·     Cambios ambientais: o deterioro do ambiente e a degradación da paisaxe; unha explotación irracional da terra. Dado que o  nivel de consumo enerxético é un dos mellores indicadores do desarrollo económico dun país, co surximento da Revolución Industrial, o incremento da demanda de enerxía foi espectacular. Por outra parte, os recursos enerxéticos encóntranse desigualmente distribuidos e, polo xeral, as principais zonas consumidoras de enerxía non se corresponden coas  zonas productoras, é dicir, explótanse os recursos naturais doutros pobos que viven na miseria sen lles dar nada a cambio.

revolucionindustrial2

  

 

2.2 Cambios medioambientais: O Cambio Climático.

image1862

 

 Co aumento do uso das materias fósiles, dende finais do S.XVIII ata a actualidad as emisións de CO2 vertidas á atmosfera irán aumentando progresivamente e de forma escandalosa. A emisión de dióxido de carbono provocará e acentuará pouco a pouco o que hoxe coñecemos como efecto invernadoiro, un proceso de retención dunha parte da calor solar pola atmosfera que da lugar a un requentamento do planeta que pode cambiar o clima.

O avance da producción e o conseguinte aumento dos gases e dos residuos contaminantes tamén provocarán:

contaminacion

– A destrucción da capa de ozono que nos protexe das perigosas radiacións ultravioletas, provocada pola industria e os automóviles.

 – A deforestación.

– As mareas negras, que destrúen a fauna e a flora mariña.

marea_negra1

A  aparición das chamadas chuvias ácidas, é dicir, precipitacións de sustancias contaminantes (principalmente de dióxido, xofre e nitróxeno) que aumentan a acidez do solo e producen a morte da vexetación, ademáis de deteriorar os edificios.  

A contaminación da auga doce e dos mares producida pola actividade insdustrail das cidades.deforestacion

– O aumento dos residuos urbáns, acumulación de basura das cidades.

– A eliminación da biodiversidade, é dicir, a pérdida da variadade biolóxica que empobrece os ecosistemas globais e priva á humanidade de importantes recursos.

 

2389047847_f7bab48f45_m1

O Cambio Climático, provocado polo efecto invernadoiro, ten consecuencias fatales para o inundacionweb2mundo. Provoca desertizacións e inundacións debido aos danos medioambientaies, o que a súa vez provoca que un gran número de  persoas teñan que abandoar os seus fogares e cidades.

Na actualidade, xa moitas persoas están emigrando cara outros sitios debido a estas consecuencias do cambio climático…Se non se fai nada por controlar esta situación a cifra aumentará nos próximos anos.

A continuación citaremos as repercusións que terá o cambio climático no noso planeta:

1. Cambio de temperatura: a temperatura terrestre foi aumentando e se predice que se non se toman medidas para disminuir as emisións de CO2 a temperatura do aire será cada vez maior. Isto provocará: precipitacións abundantes que causarán inundacións en inverno, aumento da temperatura que fará que se desxeen os polos e tamén sequías que afectarán ós cultivos. De seguir así no  ano 2040 a temperatura aumentará 1ºC e no 2100, 1,5ºC. Estas prediccións son fatales…sequia

 2. Aumento do nivel do mar: O aumento do nivel do mar é causa do derretimento dos polos, tormentas, caidas de terra en rexións costeiras etc. Ainda que este aumento semelle ser pequeno non o é. Por causa do cambio climático algúns lugares sufrirán as consecuencias con inundacións, as imaxes que vedes a continuación son un claro exemplo.1194539413_extras_albumes_02

 

 3. Sequías e inundación: Diversos factores como o aumento da temperatura e do nivel do mar causan a constante frecuencia de sequías e inundacións.As  alcantarillas que non están pensadas para tanta abundancia de chuvias que provocará inundacións.

 

0103779b1

Zonas que están actualmente en perigo:

mapa-cambio-climatico-maple

 «Según este mapa as zonas de cor azul, terán máis problemas para sobrevivir ante os efectos do Cambio Climático. África e a zona sur de Asia serán as rexiones máis vulnerables, mentres que Canadá é o país que máis protexido parece de cara ó futuro».

Un claro exemplo son os Andes…

deshielo_bbc_4

O pobo andino ten un motivo de moita preocupación, debido a que os nevados tenden a derretirse, problema que é irreversible por causa das alteracións climáticas. Nun principio isto levará a inundacións e máis tarde a sequías .O desxeo está acelerandose cada vez máis por consecuencia do quentamento do planeta

 

Tamén hay especies en perigo:ave

 

Así os científicos estudiaron como as duras condición climáticas poñen en perigo as especies tropicais e tamén as aves. As aves están atravesando unha sitiación de perigo inminente nestes momentos.

Todas as aves dos 5 continentes están en resgo de extinción, pero os lugares de maior alerta son Brasil, Indonesia, Perú, China e EEUU.

 

 

De seguir así, co paso do tempo moitas especies se extinguirán por completo. O Cambio Climático non só afecta ó home se non tamén a todos os seren vivos que habitan no planeta

Temos que aprender que a Terra non pertence ó home, senón que o home pertence á Terra. 

 





1. A enerxía ao longo da historia

11 11 2008

Comezaremos o traballo plantexándonos un par de cuestións:

  ¿Que é a enerxía? A definición máis coñecida di que a enerxía é a habilidade para facer un traballo.

¿De onde provén a enerxía? A principal fonte de enerxía é o Sol.

     O Sol é unha estrela cercana á Terra, é unha central enerxética no corazón do Sistema Solar, un reactor nuclear que quenta e ilumina o noso mundo e do que dependemos enteiramente.

     Para os nosos devanceiros o Sol era un deus; hoxe a ciencia ensinounos a velo de forma diferente. Sabemos que a luz do Sol proporciona alimento ós árbores e as plantas, que a súa vez nos suministran comida e osíxeno. Con isto compróbase a primeira ley da termodinámica: a enerxía nin se crea nin se destrúe, só se transforma.

   Situados a 150 millóns de km do Sol, atopámonos á mellor distancia para que florezca a vida. Foi a luz solar a que proporcionou alimento ós primeiros organismos, o que fixo que a súa vez éstes transformasen o CO2 en osíxeno e a Terra comezase así a converterse nun planeta habitable, fai só uns 500 millóns de anos.

    O home buscou dende tempos inmemoriais como transformar a enerxía. Cando as súas primeiras pegadas na Terra eran aínda moi recentes, o home servíase para sobrevivir da súa propia forza física a cal obtiña a súa vez dos alimentos.

  O lume é a transformación da enerxía chamada biomasa (provinte das plantas) en calor. O descubrimento do lume e a capacidade de controlalo foron acontecementos esenciais na historia humana, pois conseguíamos elevarnos por riba das bestas e obtiñamos unha serie de vantaxes tales como: poder quentarnos, cociñar os alimentos, espantar ós animais salvaxes e facer mellores armas.

Logo, coa domesticación dos animais, o ser humano conseguía facilitar máis o seu traballo empregando animais de carga.

    Posteriormente, o ser humano descubriría a enerxía cinética xerada polo movemento. Aproveitaría a forza da propia naturaza para conseguir mover muíños que empregasen a enerxía hidráulica e a enerxía eólica para traballos como o de moer gran.

    O home empregaría exclusivamente as fontes de enerxía renovable ata o S.XVII d.C., momento no que levaríase a cabo a primeira explotación de carbón polo seu elevado poder calorífico e a súa utilidade para fabricar mellores metais.  O carbón convírtese na fonte de enerxía por excelencia durante a Revolución Industrial e será empregado no funcionamento das máquiñas de vapor do S.XVIII.

   No ano 1878, Thomas Alva Edison comezaría cos experimentos que rematarían, un ano mais tarde, coa invención da lámpada eléctrica que universalizaría o uso da enerxía eléctrica. En 1880 entraría en funcionamento en Londres a primeira central eléctrica destinada a iluminar a cidade. Dende entón as aplicacións desta forma de enerxía extenderanse progresivamente.

   A pesares da importancia do carbón, a aparición de novas fontes de enerxías non renovables tales como o petróleo, que se empregaría para facer funcionar os novos motores Otto e Diesel para automoveis;  e o gas natural, o relegarían a un segundo plano durante a II Guerra Mundial.     Cabe destacar que neste período, mais aproximadamente na década dos 30, varios científicos comezarían a súa investigación sobre as enerxías de fisión e fusión nuclear nas que Albert Einstein xogaría un papel primordial. (E= m.c)     

       ~Nagasaki~                           Un día negro, o 4 de xullo de 1934, o físico húngaro chamado Leo Szilard patentaría o seu novo invento: a bomba atómica. Esta terrible arma provocaría uns dos feitos mais catastróficos e barbáricos da historia da humanidade, a explosión nuclear en Hiroshima o día 6 de agosto de 1945 e o bombardeo atómico a Nagasaki o día 9 de agosto dese mesmo ano, lanzados pola aviación estadounidense, que remataría coa morte no acto de 120.000 e 140.000 persoas respectivamente.        

 A física seguiría o seu vertixinoso avance durante finais do S.XIX e principios do S.XX da man de mentes tan privilexiadas como poden ser os físicos e químicos franceses Pierre e Mari Curie, o británico Rutherford ou o danés Niels Bohr.

 

Ata os anos 70, a maior parte da producción industrial estaría sostida polos hidrocarburos, pero agora, na actualidade, posuimos novos tipos de enerxía tales como: enerxía solar fotovoltaica, enerxía xeotérmica e enerxía maremotriz. Todas elas enerxías limpas  destinadas a producir electricidade e cun efecto mínimo no medio ambiente. Sen embargo, o seu uso segue sen superar o do petróleo e o gas natural nos paises máis desarrollados. A razón disto é simple, as enerxías contaminantes son mais baratas e accesibles. A parte, o petróleo transfórmase en combustible que move actualmente millóns de vehículos no mundo, ademáis da súa importancia na fabricación de plásticos. 

 

Por outro lado, é sabido que o carbón, o petróleo e o gas natural son enerxías non renovables, e que nun certo período de tempo rematarán por esgotarse. Pero, ata entón, ¿quen sabe que clase de cambios extremos sufrirá o noso planeta debido as incesantes emisión de CO2 á atmosfera? A responsabilidade de preservar a vida sobre a Terra comprométenos a todos, cada un de nos podemos contribuir. O aforro da enerxía hoxe pode contribuir a evitar que nun futuro non moi lonxano o planeta convírtase nun lugar completamente inhóspito e sen vida. Sabemos onde estamos, ¿pero sabemos onde imos?

Empreguemos enerxía renovable. 





– A Revolución Industrial e o Cambio Climático

10 11 2008

  •  Introducción

O noso planeta constitúe un conxunto medioambiental equilibrado no que todos os elementos interaccionan entre si, inclusive o home. Sen embargo, a actividade humana, tendente a lograr unha maior comodidade e desenvolvemento para a nosa especie, produciu, como efecto secundario indesexado un proceso de degradación medioambiental mais ou menos acusado segundo as áreas a ter en conta.

É o noso deber loitar contra ese cambio acelerado e conseguir ese desenvolvemento sostible entre o progreso humano e a conservación dos ecosistemas. Hai que ser consciente de que non hai mais que un planeta Terra, agora que estamos a tempo, posto que logo non será posible dar marcha atrás.

Aquí falaremos da importancia da enerxía na historia, do uso e consumo dos recursos enerxéticos, da revolución industrial, das consecuencias medioambientais, da sostibilidade, cambio climático…

Finalmente só nos resta destacar que o noso traballo é tamén unha labor de concienciación para con nos mesmos e con calqueira que lea estas palabras.

 

Vos deixamos coa lectura.

 

 AutoresAdrián, Alba, Manuel, Saray e Patri.